Carcinoma papilar de tiroides

  • Aspecto xeral de la mostra da PAAF con acúmulos de células tumorais nun fondo hemorráxico.
    Aspecto xeral de la mostra da PAAF con acúmulos de células tumorais nun fondo hemorráxico.

A punción aspiración con agulla fina (PAAF) é un método simple rápido e barato para tomar mostras de masas superficiais. Un dos órganos máis accesibles para a PAAF é a tiroides estando integrada no estudo de doentes con nódulos tiroideos. Na actualidade a PAAF é un método excelente cun risco mínimo que é sinxelo e rápido cunha alta porcentaxe para diferenciar procesos benignos de aqueles nódulos maliños ou sospeitosos.
Aínda que os nódulos tiroideos son frecuentes só unha pequena porcentaxe son cancros. A gran maioría dos nódulos tiroideos son benignos, representan condicións non neoplásicas tales como bocios ou tiroiditis doentes que poden ser tratados de forma conservadora con seguimento e/ou terapia de supresión.
O carcinoma papilar é o proceso maliño máis común supón ó redor do 60% dos carcinomas de tiroides. Son máis frecuentes en mulleres e poden aparecer en cualquera idade cun pico na terceira década. Os doentes poden presentar un nódulo solitario moitas veces frío que pode ser máis duro o máis firme cós non neoplásicos do bocio.
O carcinoma papilar é o máis fácil de identificar citolóxicamente. Pode sufrir dexeneración quística con alteracións no cadro citolóxico habitual.
As imaxes corresponden a unha muller de 54 anos á que durante unha exploración rutinaria encontraron un nódulo no lóbulo tiroideo dereito. Non tiña síntomas de disfunción tiroidea e as probas de función tiroidea foron normais. Non presentaba datos clínicos de interés.
A PAAF tiroidea contiña numerosos acúmulos de células epiteliais que ocasionalmente presentaban configuración papilar. Os núcleos variaban en tamaño e forma con discreto pleomorfismo e nucléolo pequeno con presenza de inclusións intracitoplasmáticas en algunhos delos, o citoplasma basófilo ben diferenciado. Non se apreciaba material coloide.
Con este cadro citolóxico douse o diagnóstico de carcinoma papilar.