Carcinoma metastásico de próstata

  • Aspecto xeral dos extendidos da punción contendo abundantes células anormais redondeadas ou ovais.
    Aspecto xeral dos extendidos da punción contendo abundantes células anormais redondeadas ou ovais.

O adenocarcinoma de próstata é o proceso maliño máis común da próstata e unha das principais causas de morte por cancro en varóns.
As metastases ós ganglios rexionais son frecuentes e indican un peor pronóstico comparado cos pacente que non os teñen.
As imaxes corresponden a punción aspiración con agulla fina dun ganglio inguinal dun pacente de 74 anos.
As mostras presentan abundantes células tumorais illadas e en acúmulos variando amplamente en forma e tamaño, os núcleos son redondeados ou ovais e os nucléolos prominentes ás veces irregulares.
Estes caracteres citolóxicos foron interpretados como concordantes con Adenocarcinoma.