A citoloxia por punción con aguya fina nun caso de adenoma pleomofo da parótida

  • Extendido da PAAF de parótida con abundante celularidade
    Extendido da PAAF de parótida con abundante celularidade

e dende a introducción da punción aspiración con agulla fina (PAAF) proporcionou un intrigante branco.
A PAAF é unha técnica ben establecida no manexo das enfermidades das glándulas salivais pero tamén unha das tarefas máis problemáticas para o citopatólogo.
O adenoma pleomorfo é coma moitos o tumor máis común das glándulas salivais maiores e menores constitue ó redor do 75%. A gran maioría (78%) dos adenomas pleomórficos encóntranse na glándula parótida moitos deles na zona superficial. Os tumores aparecen máis frecuentemente en doentes entre os 30 y 50 anos, e lixeiramente máis frecuente en mulleres.
Os tumores están compostos de elementos epiteliais e mioepiteliais e estroma de escaso a abundante. A variabilidade nos patróns histolóxicos refléxase na PAAF.
O adenoma pleomórfico é a lesión que máis probablemente se encontra na práctica da PAAF. Os aspirados conteñen abundantes células epiteliais ás que se entremisturan con acúmulos laxos de células mesenquimais nunha sustancia de fondo fibrilar mucomixomatosa. Os caracteres citolóxicos do adenoma pleomorfo xeralmente son bastante característicos e o diagnóstico citolóxico correcto case sempre se pode establecer. O diagnóstico citolóxico na maioría dos casos é sinxelo.
As imaxes correspondes á PAAF dunha lesión nodular na parótida esquerda dunha muller de 39 anos. Neste caso a presenza do característico cadro citolóxico permitiu o diagnóstico de Adenoma pleomórfico. A distinción do adenoma pleomórfico co adenoma Adenoide quístico ben diferenciado non sempre é sinxelo.