Laboratorio de Citología Dr. Ernesto García Ureta. Muestras de diagnóstico citológico. Particulares y compañías de seguros. A Coruña

Laboratorio de Citoloxía

O LABORATORIO DE CITOLOXÍA DR. GARCÍA URETA é un centro de diagnóstico citolóxico recoñecido e acreditado polas autoridades da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e incluído no rexistro co número C-15- 002232, con oferta asistencial U.77- Anatomía Patolóxica.

O laboratorio está formado por un equipo de profesionais especializados e dedicados en exclusividade ao diagnóstico citolóxico. A andadura deste centro comeza en 1980, da man do seu actual responsable, o doutor Ernesto García Ureta, presidente da Sociedade Española de Citoloxía e Membro Honorario da Asociación Peruana de Patólogos.

Coa experiencia acumulada, fóronse recollendo os coñecementos e técnicos máis adecuados, poñendo a disposición dos pacientes os últimos avances para resolver diferentes problemas no diagnóstico.

Este laboratorio conta coa confianza do Sanatorio Policlínico Santa Teresa, do Sanatorio Belén-Modelo de A Coruña e dos laboratorios Neo-Diagnostica de Tarragona e de Madrid, así como da maioría de compañías aseguradoras.

 
Logo subvención